Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAPantón

O Concello de Pantón ofrece un obradoiro de restauración e transformación de mobiliario

Por 15 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón acolle, o vindeiro 30 de outubro, un Obradoiro de restauración e transformación de mobiliario. A actividade organizarase no centro sociocultural todos os luns, ata o 27 de maio, de 16.30 a 18.00 horas.

Os participantes aprenderán as técnicas básicas de restauración, os tipo de acabados, pintura decorativa, reciclaxe e transformación. Cada alumno e alumna deberá traer un moble ou unha peza de madeira para restaurar.

Os interesados poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición no número 685 485 270. A proposta ten un prezo de 40 euros.