Skip to main content
Bóveda

O Concello de Bóveda volve poñer en marcha o servizo de madrugadores

Por 8 Outubro, 2023Sin comentarios

Bóveda volve poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, o servizo da aula de madrugadores. O Concello acaba de abrir as prazas para inscribir aos nenos cuxos pais estean interesados en facer uso do programa.

O obxectivo principal da iniciativa é a de facilitar aos proxenitores a conciliación da vida persoal coa profesional. De novo, o servizo será de carácter gratuíto e prestarase de luns a venres en horario de 08.30 a 10.00 horas.

O programa está dirixido a aquelas familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva. Os pais e as nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais