Skip to main content
Bóveda

Bóveda organiza unha xornada gastronómica sobre a carne para os profesionais da restauración

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

Os profesionais do sector da restauración teñen unha cita o vindeiro xoves 19 no Concello de Bóveda. O mercado gandeiro de Rubián acollerá unha xornada gastronómica sobre o proceso de elaboración da carne.

Neste encontro explicarase o proceso de maduración das carnes e o corte, así como tamén o proceso de atemperado, cociñado e fileteado deste produto.

Ribeira Sacra- Courel Grupo de Desenvolvemento rural e  a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural son algunhas das entidades que colaboran na organización e desenvolvemento desta xornada.