Skip to main content
Bóveda

Un punto de lectura terrorífico inaugura o Samaín na biblioteca de Bóveda

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

Un punto de lectura terrorífico dá comezo á programación de Samaín en Bóveda. Este espazo ofrece con libros de misterio, monstros e medo para todas as idades.

Esta proposta súmase as actividades organizadas para conmemorar o Día da Biblioteca. Entre outras iniciativas, os nenos e nenas do Concello levaron a cabo a elaboración da mascota A rálida, unha ra que le moito.

Ademais, a biblioteca de Bóveda participou ademais en Monforte na xuntanza anual de bibliotecas ‘Lemosle’.