Skip to main content
Carballedo

Coidados porta a porta ofrece en Carballedo citas gratuítas de podoloxía e audioloxía

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

O programa Coidados porta a porta regresa ao Concello de Carballedo do 25 ao 27 de outubro. A iniciativa ofrece consultas gratuítas con cita previa para a estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía na praza do Concello.

As propostas están dirixidas para todas as persoas maiores de 55 anos. Os interesados poden a solicitar máis información e solicitar as súas citas a través dos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.

Con esta parada en Carballedo o programa da Xunta de Galicia continúa co seu obxectivo de ofrecer servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.