Skip to main content
Chantada

O Castañazo Rock presenta o cartel definitivo con todos os horarios dos concertos e das actividades

Por 25 Outubro, 2023Outubro 26th, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do Castañazo, da man da Asociación Cultural O Castañazo retoma o festival despois de catro anos; que se celebra os días 27 e 28 de outubro en Chantada.

O cartel musical complétase, este ano, cunha programación aberta e de balde, como o Ourizo Rock, con propostas pensadas para público infantil con actuacións dos combos xuvenís da Casa da Música de Chantada e Ramón Gato e o espectáculo teatral Mus Museum de A Run Run Teatro o sábado pola mañá, no Auditorio Municipal; e Cantos de Taberna e un pasarrúas de Mekanika Rolling Band ao longo da tarde, ademais dun magosto popular.

A deputada de Cultura, Iria Castro, celebrou que “a Asociación O Castañazo se reforzase arredor desta nova edición do festival, que é unha referencia musical do outono en Galiza” e destacou “a aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por apoiar as iniciativas que xurden do tecido asociativo”.

A área de Cultura achega 12.000 euros á organización do festival, que se promociona con cartelería na Praza de San Marcos, reforzando a súa difusión na cidade de Lugo nestas últimas datas ata a súa celebración.

Horarios e programa

O cartel presentado pola asociación mestura bandas galegas e estatais, como Fillas de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Lágrimas de sangre, Rastreros e Grande Amore tocan o venres, e o sábado será a quenda para Dakidarría, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre&Scilla, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo.

Así, o venres comezará o festival co concerto de Fillas de Cassandra ás 20.00 horas, seguido do de Narco ás 21,25 horas. Logo, ás 22.55 horas será a quenda de Tremenda Jauría e ás 00.45 horas actuará Lágrimas de Sangre. Xa ás 02.30 horas terá lugar o concerto de Rastreros e, por último, ás 03.40 horas, Grande Amore.

Con respecto ao sábado, as actividades de balde serán antes dos concertos, tengo lufar o Ourizo Rock para os máis pequenos ás 11.30 horas, os Cantos de Taberna´ás 14.30 horas, o magosto popular ás 17.30 horas e o pasarrúas con Mekanika Rolling Band ás 18.30 horas.

Despois destas actividades volverá a música da man de Dakidarría ás 20.00 horas, Mafalda ás 21.50 horas, Tropa do Carallo ás 23.20 horas, Sons of Aguirre & Scila ás 01.10 horas, Arrhytmia ás 02.30 horas e Rebeliom do Inframundo ás 02.40 horas (xa que esa noite é o cambio de hora), concerto co que rematará O Castañazo.