Skip to main content
Monforte

A Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul turquesa pola campaña Unidos pola Dislexia

Por 8 Outubro, 2023Outubro 9th, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte súmase á campaña internacional Unidos pola Dislexia iluminando a Torre da Homenaxe de San Vicente de cor azul turquesa, xa que a Federación Española da Dislexia ten por obxectivo, a través da iluminación de edificios emblemáticos, facer visible este trastorno da aprendizaxe que perxudica á lectura e á escritura.

A campaña busca así sensibilizar sobre esta dificultade específica da aprendizaxe que se calcula afecta ó 10% da poboación mundial e busca garantir unha educación e un futuro en igualdade de condicións e oportunidades que o resto dos concidadáns.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe, pois este trastorno da aprendizaxe calcúlase que en España afecta a 4,6 millóns de persoas e a 800.000 nenos e nenas dos cales so o 33% recibe a atención profesional necesaria”, destaca o alcalde de Monforte, José Tomé Roca.

A dislexia

Segundo a Federación Española da Dislexia, o principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co sistema educativo actual, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura.

A dislexia, supón moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda ou dificultades nas nocións espazo-temporais.

A maior parte das persoas con dislexia pode ter éxito na escola coa axuda dun programa de ensino especializado, así como cos axustes e adaptacións metodologias ou de acceso correspondentes. O apoio emocional tamén xoga un papel esencial na construción de autoestima fronte ás dificultades que presenta este trastorno do neurodesenvolvemento.

En ocasións, a dislexia permanece sen ser identificada ata a etapa adulta, así que nunca é tarde para buscar axuda e desenvolver estratexias compensatorias. O atraso na identificación da dislexia afecta autoestima de quen ten padécea. É de vital importancia recoñecer os síntomas desta dificultade de aprendizaxe canto antes no ensino primario e iniciar unha instrución específica de inmediato.

Recibir unha identificación e un diagnóstico temperáns é fundamental para permitir que o alumnado con dislexia desenvólvase co maior éxito posible na etapa educativa na que se atope. A experiencia demostra que de non identificar, diagnosticar e intervir de forma temperá as consecuencias educativas e sociais e laborais na súa vida adulta poden ser moi graves.