Skip to main content
Monforte

Monforte iluminará a Torre da Homenaxe con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama

O Concello de Monforte informa que na noite do xoves 19 de outubro procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas polo cancro de mama.

Así o informou o alcalde, José Tomé Roca, que se suma este xoves, 19 de outubro, aos actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade, que é o tumor maligno máis frecuente entre a poboación feminina.

Deste xeito, o obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, así como apoiar e mellorar a vida de todas aquelas persoas que se senten máis vulnerables fronte ó cancro.

Neste senso, o alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de rosa a Torre da Homenaxe, pois cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais. España en 2023 diagnosticáronse 35.000 novos casos de cancro de mama”.

Datos con respecto ao cancro de mama

Segundo a OMS, cada 30 segundos nalgún lugar do mundo diagnostícase un cancro de mama, e segundo as estimacións unha muller morre no mundo de cancro de mama cada 53 minutos. Un cancro de mama detectado ó comezo do mesmo, diminúe un 25% a probabilidade de morte. En España, aproximadamente o 30% dos cancros diagnosticados en mulleres orixínanse na mama.

O cancro de mama é xa o tumor máis diagnosticado do mundo, superando por primeira vez ó cancro de pulmón, segundo datos publicados en 2021 polo Centro de Investigaciones sobre el Cáncer (IARC).

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama.

Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento.

A campaña deste ano, #ElRosaEsMásQueUnColor, representa apoio, loita, investigación… e busca que a cidadanía se identifique co que realmente importa: as persoas con cancro de mama, coas súas necesidades, coas súas experiencias e coa súa supervivencia.