Skip to main content
Monforte

Monforte acolle a 13ª edición do Cume Tapas Exprés desde o 26 ao 29 de outubro

Por 21 Outubro, 2023Outubro 22nd, 2023Sin comentarios

A 13ª edición do evento Cume tapas Exprés, certame organizado pola delegación en Monforte da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo foi presentado como unhas xornadas gastronómicas que se desenvolverán en 6 restaurantes e bares de Monforte dende este xoves 26 e ata o domingo 29 de outubro.

No acto de presentación do Cume Tapas, estiveron presentes o concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada; o concelleiro de Servizos, José Luis Losada; o vicepresidente da Asociación de Hostaleiros de Lugo, José Manuel Cela; a Xefa Territorial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez; a presidenta da Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro, María Luz Abella, así como diversos membros da Corporación municipal, autoridades e representantes do sector hostaleiro.

O acto foi presentado pola xornalista Manola Porto e na súa intervención, José Luis Losada destacou e agradeceu á Asociación de Hostaleiros de Lugo a recuperación deste certame gastronómico, logo da súa recuperación en 2022, tras suspenderse a súa celebración dous anos por coincidir coa incidencia da pandemia da Covid-19.

“Logo de máis dunha década de celebración” recordou o concelleiro de Servizos, “o Cume Tapas está máis que consolidado e é xa un clásico, polo que quero trasladar os meus parabéns á Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, e especialmente á súa delegación da zona sur, cuxa sede atópase en Monforte de Lemos, e agradecerlle tamén o seu esforzo e seu traballo por manter esta cita”.

A representante municipal salientou que “aínda que Monforte xa é un referente do turismo gastronómico no interior de Galicia, a celebración do Cume Tapas vén a reforzar aínda máis esta realidade, e que entre todos seguiremos potenciando”.

Dedicación ao Cancro de Mama

Tamén explicou a tenente de alcalde que “a decisión de adicalo á loita contra o cancro de mama, dende o Concello parécenos unha decisión moi acaída, porque onte xoves vimos de celebrar o Día mundial contra o cancro de mama, e o Cume Tapas Exprés da así continuidade a esta conmemoración, poñéndose do lado de todas as mulleres que están a sufrir o sufriron esta enfermidade.”

“Por iso, dende o Concello unímonos a ese ‘Maratón gastronómico por elas’ que figura como lema no cartel do Cume Tapas deste ano, e desexamos que sirva tamén coma homenaxe para toda aquela xente que traballa na loita contra o cancro de mama, que desgraciadamente é xa o tumor máis diagnosticado do mundo.”

Para rematar o representante do Concello animou tanto aos veciños da cidade como a todos os turistas e visitantes que nestes días se achegan a Monforte e á Ribeira Sacra a participar neste evento e degustar as orixinais elaboracións que conforman este Cume Tapas Exprés, “que proben unhas tapas diferentes e únicas elaboradas por 6 locais de referencia na hostalería da nosa cidade, e que estou seguro de que non lles van defraudar”.