Skip to main content
Monforte

A obra ‘Unha inimiga do pobo’ foi cancelada por causas alleas ao Concello de Monforte

Por 23 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A obra ‘Unha inimiga do pobo’, da compañía Talía Teatro, obra escrita por Henrik Ibsen, dirixida por Tito Asorey e cun elenco artístico formado por Toño Casais, Diego Rey, Marta Ríos, Dani Trillo, Artur Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Marta Lado e María Ordóñez; quedou cancelada por motivos alleos ao Concello de Monforte

A, obra dirixida a público adulto, é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois da súa creación, o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A rabiosa actualidade do texto próbase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX volvéronse máis profundos e daniños no século XXI.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será O porco de pé da compañía Producións Teatrais Excéntricas que terá lugar o xoves 9 de novembro no Edificio Multiusos ás 20.15 horas.