Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte homenaxeou aos profesionais do Club de Natación de Monforte polos seus éxitos

Por 25 Outubro, 2023Outubro 26th, 2023Sin comentarios

O Club de Natación de Monforte foi recibido polo alcalde do municipio, José Tomé Roca como recoñecemento aos logros deportivos obtidos durante a tempada 2022-2023.

Así, o rexedor eloxiou o esforzo e a dedicación demostrados ao longo do último ano, facendo especial fincapé nos brillantes resultados dos nadadores de nivel nacional: Odei Arias Franco, Andrea Gudín Pérez e Javier Pontón Rodríguez, quen obtivo a medalla de prata no Campionato Jun-Absoluto de Verán.

Concretamente, o alcalde remarcou os resultados máis destacados de Javier Pontón Rodríguez, que foi subcampión de España no Campionato de España Absoluto de inverno, participou no Campionato de España absoluto de verán, no Campionato de España Júnior de inverno e no Campionato de España de natación por Federacións territoriais Junior e Infantil.

Pola súa parte, Andrea Gudín Pérez participou no Campionato de España absoluto de verán, no Campionato de España infantil, no Campionato de España de natación infantil de inverno e no Campionato de España de seleccións Autonómicas, en idade escolar. Por último, Odei Arias Franco participou no Campionato de España absoluto de verán e no Campionato de España Júnior de inverno.

Máis homenaxes

Tamén foron homenaxeados deportistas que participaron en diferentes Campionatos Galegos: Juan Pontón Rodríguez, David Conde Varela, Hugo López Rodríguez, Santiago Suárez Fernández, Elena Arias Pacheco, Nahia López Franco, Noel Pereira Martínez, Álvaro Pérez Armesto, Carmen Pérez Armesto, Martín Prats Moreiras, Paula Regueira Moure, Mara Ledo Escudero, Alla Castro de la Fuente, Antía González Losada, Patricia González Blanco, Luis Manuel Pérez Medina, Mauro Rodríguez Vázquez e Alicia López Rodríguez.

Estes nadadores que participaron nos campionatos rexionais da pasada tempada foron honrados cun trofeo personalizado outorgado por parte do concello. Así mesmo, recoñeceuse o incansable labor do equipo técnico encabezado por Emilio Beltrán Díaz, Emilio Torres Fraile e Javier Arias López e da directiva do club, Raquel Escudero Fernández, que recibiu o merecido galardón en nome de toda a institución, en virtude dos méritos anteriormente mencionados.

Da mesma forma, o alcalde demostrou un interese pola situación financeira do club, así como polo estado e uso das instalacións municipais, mostrando o seu compromiso tanto a curto como a mediano e longo prazo.

No acto de recoñecemento, o alcalde estivo, ademais de os nadadores e nadadoras homenaxeados, polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a tenente de alcalde, Gloria Prada, así como familiares e representantes do Club Natación Monforte, aos que lembrou que ata o vindeiro 7 de novembro poden solicitar as axudas a deportistas individuais do Concello.