Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Sarria será sede nacional da Liga Nacional de Snooker

Por 3 Outubro, 2023Outubro 4th, 2023Sin comentarios

A partir deste mes de outubro volve a Liga Nacional de Snooker de España e Portugal e, un ano máis, Sarria volverá ser sede nacional desta competición do deporte ligado ao billar.

Así o anunciou o presidente do Club Billar Snooker de Sarria, quen tamén participará de forma individual desta liga, xunto con outros compañeiros como David Castro e Diego Rey.

Sarria será así a cidade que acollerá as sete xornadas e dous torneos que compoñen a parte regular desta liga, entre outubro e abril, sendo a única sede de todo o noroeste, xa que a seguinte sede máis próxima é Madrid ou Zaragoza.

Participantes

Juan Pedro Durán, máis coñecido como Gussy, defende que non sería posible que todas as persoas que van participar se desprazaran a Madrid ou Barcelona, polo que se establece unha sede no noroeste para favorecer a estas persoas e Sarria foi a elixida. “Sarria repite como sede porque o ano pasado foi un éxito”, explica.

Así, 10 persoas de Galicia, Asturias e León xogarán ao snooker durante os vindeiros meses no Club Billar Snooker de Sarria coa intención de clasificarse para os playoff, que posiblemente sexan en Oporto e, de aí, cara á final, que terá lugar en Madrid.