Skip to main content
Láncara

A iniciativa de Samaín do comercio local de Láncara está sendo un éxito

Por 25 Outubro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

Xa son moitos os comercios e os veciños e veciñas da Pobra de San Xiao de Láncara que se sumaron á iniciativa da veciña Patricia Sánchez para decorar os comercios e as vivendas con motivo do Samaín.

Así, veciñas como Eva e Vero xa decoraron as súas vivendas e comercios, defendendo que “a nosa comunidade de veciños unímonos á festa do Samaín”. No edificio de Eva xa decoraron a porta de entrada do seu piso, así como o corredor de entrada aos ascensores que levan ás vivendas individuais e Vero xa decorou o seu negocio.

Desta maneira, comerciantes, comunidades de veciños, asociacións e particulares de Láncara vanlle dando “vidilla” ás tradicións e festas, unha iniciativa que tamén apoia o Concello de Láncara, lembrando que os días 30 e 31 os comercios repartirán caramelos a todas as personas que leven algún complemento relacionado co Samaín.

O goberno local valora esta iniciativa de repartir caramelos e decorar os seus negocios e vivendas como unha “fantástica iniciativa do comercio local”.