Skip to main content
Abadín

Cine na rúa o venres 13 en Abadín

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

Volve o cine ao noso concello da man de Cinenarua co filme Os Demos de Barro dentro da programación do ciclo de cine infantil da Deputación de Lugo. Trátase dunha película de animación para maiores de 7 anos dirixida por Nuno Beato.

A proxección terá lugar o venres 13 de outubro, ás 20.45 horas, no campo da feira de Gontán. Se chove, trasladarase ao caseto.

Rosa é unha profesional de éxito que leva unha vida esixente adicada por completo ao seu traballo. A repentina morte do seu avó que a criou e de quen se distanciara debido ao traballo, e o sentimento de non ter correspondido a ese amor, provócanlle un ataque de estrés que pon en dúbida as súas decisións. Rosa decide entón, abandoar a cidade e voltar a casa que a viu medrar. Grazas a unha serie de cartas e pistas, descobre que o seu avó lle deixou unha importante tarefa que a axudara a facer as paces consigo mesma e cos demais, mentras repara os erros do pasado do seu avó.