Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Unhas 320 persoas participaron na VIII Andaina Popular de Friol

Por 8 Outubro, 2023Sin comentarios

Preto de 320 persoas participaron na Andaina Popular de Friol, unha actividade impulsada polo Concello e o CPI Doutro López Suárez e que tiña como obxectivo potenciar o deporte na sociedade. O percorrido foi de case sete quilómetros e arrancou dende a casa consistorial ata Cotá pasando polo Dolme da Moruxosa e polo Camiño Real. Todos recibiron unha camiseta conmemorativa.

Este ano sumáronse máis persoas ao evento que valoraron moi positivamente esta experiencia.