Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Organizada una conferencia en Friol sobre límites na educación

Por 15 Outubro, 2023Sin comentarios

Este luns 16 arranca unha nova andaina da Escola de Nais e Pais do CPI Dr. López Suárez. O obxectivo deste curso é levar a Friol aos mellores formadores que pode haber para complementar a educación que se dá no centro e tratar temas de gran interese para as nais e pais no relativo a educación dos seus fillos.

A sesión do luns tratará un tema tan importante como son os límites e as normas. Contarán para iso cunha das mellores especialistas do panorama autonómico nese campo, a lucense Mercedes de Santaló. Serán dúas sesións, os luns 16 e 30 de outubro.