Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unha xornada sobre alternativas ás comunidades de montes

Por 22 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas desenvolverá unha xornada sobre alternativas sostíbeis nas comunidades de montes. O evento terá lugar no local social de Carballo (Carballo, Friol), dende as 11.00 até as 18.00 horas, e contará con palestras, a presentación do vídeo Píldoras Verdes, xantar e visita ao Monte Veciñal en Man Común de Carballo.

Esta xornada ten como obxectivo poñer de manifesto o papel de dinamizador dos bens comúns e a propiedade colectiva no medio rural, expoñendo o potencial da xestión comunal da terra e as súas vantaxes. Neste caso enfocado nunha figura tan especial na Galicia como son os montes veciñais en man común.

As inscricións poden realizarse neste enlace antes do 26 de outubro.