Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol rende unha homenaxe ás súas costureiras e modistas

Por 30 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación Carballo Vivo de Friol organizou para o día 4 de novembro unha homenaxe ás modistas e costureiras da localidade que leva por título Entre Fíos.

Así, está previsto, en primeiro lugar un obradoiro de costura ese días, entre ás 10.30 e as 12.30 horas, que se desenvolverá no centro sociocultural de Carballo.

Ademais, ás 16.15 está prevista a actividade As modistas de Friol na radio, que se desenvolverá no museo de San Paio de Narla.

Está prevista a participación de Sergio Pascual Espinilla e Lucía Abarrategui Amado, do Laboratorio de Radio.