Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A ciberseguridade industrial será o eixe dunhas xornadas en Outeiro de Rei

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

O próximo 24 de outubro está previsto que se celebre na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha xornada sobre ciberseguridade industrial en horario de 09:30 a 12:00 horas.

Nesta xornada, destinada especialmente ás empresas independentemente do seu tamaño, aprenderase como protexer os datos e os equipos, evitar secuestros de datos, mellorar os sistemas antivirus e identificar puntos vulnerables no entorno dixital.

Para asistir é preciso anotarse a través do correo electrónico: lugo@acelerapyme.asime.es.

Durante o taller práctico mostrarase como protexer as empresas evitando a perda de datos, roubo de información e bloqueo total ou parcial de máquinas e sistemas. Ademais, poderanse descubrir, en tempo real, as vulnerabilidades e riscos dos nosos sistemas e actuar ante eles.

As Oficinas Acelera peme postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contan cun orzamento global de 23,8 millóns de euros, dos cales Red.es achegará ata o 80% do orzamento subvencionable e as entidades beneficiarias o resto. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación Dixitalización básica para as PYMESs, inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera peme.