Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza convoca o concurso de fotografía da muller rural

Por 2 Outubro, 2023Sin comentarios

Por quinto ano consecutivo, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Pastoriza apóstase por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, as deste concello, polo que volve convocar o o concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza.

Xa está aberta a participación, polo que é o mometo de enviar as fotografías da veciñanza que visibilicen a mulleres rurais do concello no seu lugar de traballo, labores diarias, de temática libre. O prazo de envío remata o 9 de outubro.

As fotografías serán subidas á páxina de Facebook correspondente ao concurso o día 10 para que a xente poda votar por elas cun “me gusta”, que se poderá facer ata o domingo día 15.

Estas deben enviarse ao correo concursofotografiamullerrural@gmail.com