Skip to main content
A Pastoriza

Teatro este sábado en Reigosa

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños da Reigosa organiza unha representación teatral para este sábado, 7 de outubro, que será na casa sociocultural a partir das 21.00 horas.

Trátase da peza teatral De poucas luces, a cargo de O Centiño, unha comedia para todos os públicos de entrada gratuíta.

O Nadal é tempo de paz, de esperanza, de felicidade, ilusión e luz. Frei Bombilla, o abade do Mosteiro da Luz é consciente disto e, coa axuda de Sor Luminiscencia, abadesa do Mosteiro do Resplandor, organiza o Primeiro Concurso de Luces de Nadal. O colorido, a intensidade, a brancura, incluso a luz da razón e a luz do corazón compiten por levar o premio, máis de novo triunfa o concursante máis inesperado. Paquiño sabe de verdade como iluminar o mundo. Preparádevos para escachar coa risa!