Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza acolle a próxima semana un curso de dixitalización agraria

Por 5 Outubro, 2023Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego celebrará a próxima semana un curso de dixitalización na actividade agraria na Pastoriza.

O prazo de inscrición está aberto ata o luns, 9 de outubro, e impartirase os días 10, 17, 19, 24 e 26 de outubro en na antiga Cámara Agraria, no Edificio Xosé Manuel Seivane en horario de tarde, de 16 a 20 horas. As persoas que desexen apuntarse poden facelo nos teléfonos 982 331 714 ou no 679 192 000 ou no correo meira@sindicatolabrego.gal.

A formación leva o título Curso de dixitalización na actividade agraria. Preparándonos para a que se nos vén enriba e consta de 20 horas.