Skip to main content
A PastorizaDeportes TERRACHÁXA

A Asapa convoca na Pastoriza un torneo de pádel para final de mes

Por 10 Outubro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Empresarios e Comerciantes da Pastoriza, Asapa, vén de convocar o I Torneo de Pádel A Pastoriza, que se desenvolverá os días 27, 28 e 29 de outubro na pista de pádel da localidade, ao carón do pavillón de deportes.

Xa está aberto o prazo de participación, que terá unha limitación de 12 parellas masculinas e 12 femininas. Esta terá un custe de 15 euros por persoa e o prazo estará aberto ata o 20 de outubro.

A inscrición pode facerse con María (625 065 197) ou Mónica (659 555 176). Serán premiadas as dúas mellores parellas en cada una das categorías que recibirán unha paletilla ou unha botella de viño ademais dunha contía económica.

Están previstos tamén sorteos e contarán con servizo de bar. Ademais, haia programa tamén unha actuación de zumba.