Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza retira máis niños de velutina das parroquias

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

Traballadores do Concello de Pastoriza, coa colaboración da Xunta de Galicia, continúan co traballo de retirada de niños de velutina que se instalaron en varios lugares das parroquias. Nesta ocasión estiveron en Úbeda, Fonmiñá, Pousada e Bretoña. Anteriormente acudiron a Gueimonde, Bretoña, Vián, Lagoa e á Pastoriza.

Estes niños son perigosos e se está procedendo á eliminación dos mesmos en toda Galicia xa que é unha especie invasora. Ademais, recoméndase á veciñanza que notifique a localización dos mesmos para que expertos procedan á súa retirada.

Nos vindeiros días, seguiremos levando a cabo esta labor noutras parroquias.

Por outra banda, a brigada municipal e traballadores municipais fixeron labores de desbroce no castro de Saa en Baltar.
Estos días, están escavando os arqueólogos.