Skip to main content
A Pastoriza

Entregados os premios do concurso de fotografía da muller rural da Pastoriza

Por 23 Outubro, 2023Sin comentarios

Por quinto ano consecutivo, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Pastoriza deu a conecer a fotografía gañadora da quinta edición do concurso de fotografía convocado para a ocasión.

A foto é de Eva Gacio, que fotografiou á súa filla nun dos momentos dos labores na granxa familia.

O alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, fixo entrega dun lote de produtos á gañadora do certame xunto á protagonista da fotografía.

“As fotos publicadas no V concurso de fotografía muller rural da Pastoriza teñen o seu encanto, xa que en todas se viron reflectidas as mulleres como piar fundamental da nosa terra, coidando, traballando, desfrutando, colaborando…”, dixo o alcalde.

Nesta ocasión participaron unha trintena de imaxes que recollen ás mulleres rurais da Pastoriza en distintas facetas da súa vida e do seu labor diario. Foron sometidas a votación nas redes sociais e a que máis votos obtivo foi a de Eva Gacio un total de 730. Unha imaxe de Zaida García quedou en segundo lugar con 703.