Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O voluntariado de restauración de charcas e muros tradicionais actuará en Pol

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

O domingo 22 de outubro a Asociación Galega de Custodia do Territorio realizará unha nova actividade, o Voluntariado de restauración de charcas e muros tradicionais, onde farán diversas actividades de restauración de charcas e muros tradicionais para favorecer a biodiversidade dunha granxa ovina en Veiga de Luaces, Mosteiro, Pol. A actividade realizarase de 10:00 a 18:00.

É necesario traer roupa e calzado de campo cómodo pero a comida e a bebida están a cargo dos organizadores.

É unha actividade gratuíta que require inscrición previa, que pode facerse na páxina web da AGCT (http://www.custodiadoterritorio.org/actividades). Tamén pode pedirse máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (whatsApp ou teléfono).

Esta actividade inclúese dentro das axudas da Deputación de Lugo destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2023.