Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acolle un obradoiro de reciclaxe os domingos de novembro

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Pol xunto coa Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza un obradoiro de reciclaxe, reutilización e recuperación para os días 12, 19 e 26 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Terá lugar na caseta da Carballeira de Mosteiro, no concello de Pol, e para poder inscribirse hai que chamar ao teléfono 982 345 029. Haberá un límite de 15 prazas.