Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade elimina os vertedoiros incontrolados

Por 11 Outubro, 2023Outubro 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Rábade, coa colaboración da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático e por medio da empresa Tragsa, realiza estes días traballos de eliminación dos vertedoiros incontrolados que existen no municipio.

O equipo de Goberno supervisa estas actuacións, que como recoñece a alcaldesa, Reme González, “supoñen un gran esforzo ante a irresponsabilidade dalgunhas persoas que non se implican no coidado dos espazos naturais”.

Desde o Concello de Rábade recordan que existe un servizo de recollida de refugallos unha vez ao mes chamando para pedir cita previa ao número 981 619 120.

Precisan ademais que están a levar a cabo máis actuacións para conseguir un Rábade máis limpo, de maneira que á recollida do lixo se sumou un servizo de limpeza das rúas a través de brigadas que se ocupan destes traballos.