Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas organiza unha xornada familiar polo Samaín

Por 22 Outubro, 2023Sin comentarios

A Casa das Insuas de Rábade organiza unha xornada familiar inspirada no Samaín, que terá lugar o próximo sábado 28 de outubro de 17:00 a 20:30 horas.

Haberá un taller de decoración dun tarro portacandeas, e tamén poderá decorarse a cabaza. Ao lusco fusco haberá unha saída para facer unha pequena andaina e á volta coñeceranse un pouco aos morcegos das Insuas.

As inscricións poden facerse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en: custodiadoterritorio@gmail.com ou 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.