Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Organizan na Casa das Insuas un taller de música tradicional

Por 28 Outubro, 2023Sin comentarios

O próximo sábado 4 de novembro terá lugar na Casa das Insuas unha actividade da man de Branca Villares. Trátase dunha proposta educativa para traballar a música tradicional como ferramenta educativa.

En horario de 10:00 a 13:30 terá lugar un taller no que se ofrecerán materiais e recursos para empregar a música tradicional en todas as etapas educativas e para outros contextos culturais/educativos.

A partir das 13:30 terá lugar un concerto de Troupelear con Branca Villares e Pablo Pintor.

Pódese acudir ás dúas actividades (taller e concerto) ou soamente a unha delas. Unha vez remate o concerto tomarase algo de picoteo para compartir entre amigos que levará cada un da súa casa.

A entrada é libre pero é preciso inscrición previa na actividade. Información e inscricións en brancavillaresnaveira@gmail.com

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.