Skip to main content
Barreiros

O xornalista focego, Martín Fernández Vizoso, agasallou á Biblioteca de Barreiros con exemplares dos seus libros

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

Estes días a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros recibiu o xornalista galego, Martín Fernández Vizoso, natural de Cangas de Foz, que agasallou ao municipio con exemplares dos seus libros, ‘A Mariña en Cuba’ e ‘Memoria de Mariñáns’.

Nestes libros, Fernández Vizoso, fai un repaso de tódalas sociedades e centros de emigrantes da Mariña en Cuba. Conta as historias de persoas emprendedoras, valentes e comprometidas coa súa terra e a súa xente. Recupera a gran historia da historia ignorada evitando que estas persoas caian no tan común esquecemento.

Os exemplares xa están á disposición na Biblioteca Pública de Barreiros e dende o Concello animan a “consultalos posto que neles podedes atopar información sobre as cinco sociedades de emigrantes de Barreiros creadas en Cuba: o Centro de Benquerencia, a sociedade Hijos de Benquerencia, Hijos de San Miguel y Reinante, Hijos de Cabarcos e Hijos de la villa de Barreiros”.

“Coñeceredes o que foi o asociacionismo galego en Cuba e atoparedes información doutras sociedades da Mariña pertencentes aos concellos da comarca”.

Marín Fernández Vizoso estudou Filosofía e Letras e ciencias da Información nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Natural de Cangas-Foz, foi profesor do Centro de Estudios Superiores Numen, en Madrid, (1975-1985), delegado de La Voz de Galicia e director de Radiovoz e Onda Cero en Lalín, (1985-2000). Publicou os libros El Comentario de Textos, asimilación e sentido crítico, Fomento de la Instrucción Gallega e Los Centros de la Emigración Pontevedresa en Buenos Aires, entre outros de autoría colectiva.