Skip to main content
Barreiros

Barreiros acolle este mes de novembro o circuíto de teatro afeccionado e profesional

Por 6 Novembro, 2023Novembro 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros acolle para este mes de novembro o circuíto de teatro afeccionado e profesional. Así, as obras comezarán o domingo 12 de novembro ás 19.00 horas actuarán Os pícaros de Lagoa de Alfoz no centro sociocultural de San Cosme.

Seguirá o sábado 18 de novembro ás 19.00 horas co grupo infantil Lilá Teatro de Lugo nos colexios vellos de San Miguel.

Xa para o domingo 10 de decembro ás 20.00 horas, será quenda de Lume escénico de A Pontenova no centro sociocultural de San Cosme.

E xa para rematar este circuíto de teatro afeccionado e profesional 2023, o sábado 16 de decembro, ás 19.00 horas, o grupo Ardora de Cervo actuará no centro sociocultural de Barreiros.