Skip to main content
BarreirosLourenzá

Abre o prazo de inscrición para o atletismo de Lourenzá e Barreiros

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

Tras o recente acordo no que os concellos de Lourenzá e Barreiros unen forzas para potenciar o atletismo, abren un novo período de inscrición para que os nenos nados entre o 2007 e o 2018 poidan unirse ao equipo e practicar esta disciplina que tantos beneficios aporta ás nenas e nenos.

A inscrición inclúe o préstamo de roupa; mochila e equitación completa, dous adestramentos á semana e a posibilidade de acudir a un terceiro adestramento que tería lugar nas recentes renovadas pistas de atletismo da Veiga, en San Cibrao.

Para anotar aos nenos haberá que acudir ás oficinas municipais do Concello de Barreiros e formalizar aí a inscrición.

Cos adestramentos xa en marcha, o equipo participou a pasada fin de semana na II carreira popular Valadouro–Alfoz con moi bos resultados e xa se está a preparar para acudir a carreira popular Ao Son do Masma que terá lugar este domingo en Celeiro de Mariñaos.