Skip to main content
Barreiros

A Irmandade San Caetano organiza o domingo 26 un magosto

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e veciñal Irmandade San Caetano organiza o vindeiro domingo 26 de novembro en Celeiro de Mariñaos un magosto.

A xornada comezará ás 13.00 horas coa sesión vermú e a actuación do grupo Condensadores de Fluzo, que será nas escolas.

Xa ás 14.00 horas poderanse degustar castañas asadas, panceta, bolos preñados, empanada, pan, viño, refresco e café. Ao remate haberá unha gran chocolatada.

Para asistir será necesario facer a reserva antes do venres 24 chamando ao teléfono 696 969 052 ou 699 062 010.