Skip to main content
Barreiros

A gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros será este domingo

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Barreiros celebrará a gala final do Circuíto de Carreiras Populares +KmsBarreiros o domingo 26 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme na que se repartirán 700 euros en metálico para as categorías de adultos e, obsequio final máis diploma de recordo para todas as categorías e todas as persoas que completaran 4 ou máis probas; 3 no caso de menores.

O circuíto +KmsBarreiros 2023 chegou ao seu fin o pasado domingo 12 de novembro coa celebración da última proba, a V carreira Ao son do Masma. Tras esta última carreira, a clasificación xeral do circuíto de carreiras populares de Barreiros deixa como gañadora da categoría feminina absoluta a Romina Reimondo do Toxiza Clube de Montaña, quen este ano logrou revalidar o título; seguida da súa compañeira de clube, Fátima López, e de Julia Salvado do ACADE, quen logrou o terceiro posto.

Na categoría masculina absoluta David Manuel Martinez, do Club Atletismo Lourenzá, foi o gañador. A segunda posición foi para Alex Villalba das Escolas Deportivas de Lourenzá e, completando o podio, Álvaro Pico da A.D. Augas Santas de Barreiros.

Esta edición do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que conta colaboración da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das asociacións locais: Colectivo Cultural Ollomao, Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, A.D. Augas Santas de Barreiros, logrou unha importante cifra de participación chegando ás 751 persoas inscritas nalgunha ou en varias probas das que o compoñen: a Carreira Solidaria de Reis, 8 de xaneiro, a Carreira das Praias, 7 de abril, o ½ Km Vertical, 22 de xullo, a Benquerencia Terra Mar, 06 de agosto, o Trail Monte Comado, 15 de outubro e a carreira popular Ao Son do Masma celebrada o pasado 12 de novembro.

Con estas cifras confírmase a boa acollida que está a ter o circuíto polo que o Concello de Barreiros seguirá apostando no 2024 polo deporte como un dos polos para desestacionalizar o turismo e fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza.

As clasificaicóns poden verse ao completo na web maiskmsbarreiros.gal así como a través da propia app do circuíto.