Skip to main content
Barreiros

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza dous días de teatro

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza dous días de teatro para o 1 e 2 de decembro. Estas citas serán nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.

A obra de teatro a representar será ‘O traballo de Andrea’, e farase o venres 1 de decembro ás 21.00 horas e o sábado 2 ás 19.00 horas.

As persoas que teñen entradas para as funcións canceladas poderán usar as mesmas, mais dende a organización agradecen o previo aviso do mesmo para a organización do aforo do local.

O teléfono de contacto para novas reservas ou calquera outra dúbida é o 678 546 526.