Skip to main content
Mondoñedo

As XXIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía serán o 15, 16 e 17 decembro

Por 30 Novembro, 2023Decembro 1st, 2023Sin comentarios

Prsentáronse as XXIII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que, un ano máis, organiza o Concello de Mondoñedo e que terán lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de decembro do 2023.

A actividade combina charlas e visitas a puntos de interese. As conferencias terán lugar no Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro e as visitas serán a diversos puntos da parroquia de Masma, en Mondoñedo.

O programa comezará o venres día 15, ás 19.30 horas coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20:00h, coa intervención de Abel Vigo García e José Otero Rejes para abordar o tema das caleiras e da produción tradicional do cal en Mondoñedo, como conmemoración dos 20 anos da recuperación etnográfica da obtención de cal nos fornos de Masma. Na mesma darase un repaso polo catálogo de caleiras que se conservan no Concello e explicando, con detalle, todo o proceso de calcinación das rochas calcarias ata conseguir obter delas cal viva nos fornos propios deste oficio.

A segunda xornada, o sábado día 16, arrancará pola mañá cunha visita guiada a diversos puntos de interese en Masma comezando polos fornos de cal e continuando por diversos lugares da parroquia. A saída a esta visita será dende a Praza do Seminario ás 10:00h e para facer a ruta os/as asistentes precisarán dispor de vehículo).

Na tarde do sábado, ás 18.00 horas, terá lugar a segunda conferencia, a cargo de Alexandra Staniewska que abordará o tema das fosas comúns como sitios de investigación interdisciplinar a través da súa experiencia e traballos de investigación en áreas do centro de Europa, sobre todo en Polonia, na etapa da II Guerra Mundial.

A actividade finalizará o domingo día 17 cunha conferencia ás 12.00 horas, a cargo de Marcos Vaqueiro Rodríguez, no que fará unha primeira achega de resultados dos traballos de investigación multicisplinar que se están a realizar na Cova do Rei Cintolo nestes últimos anos e dos cales é o director científico.

Para a asistir á actividade prégase inscrición a través do e-mail xornadas.arqueo@gmail.com ou a través do teléfonos 982 507 177 e 982 524 003. A matricula na actividade é gratuíta e estará aberta ata o venres, día 15 ás 14.00 horas.

Horario detallado

Venres 15 de decembro

19:30h. Entrega de Documentación.

19:45h. Acto de Inauguración.

20:00h. Conferencia.

“As Caleiras. Fornos de cal dun antigo oficio mindoniense” con Abel Vigo García e José Otero Rejes

Sábado 16 de decembro

10:00h. Visita guiada.

Visita ás Caleiras de Outeiro en Masma e a puntos de interese na zona.
Saída: Praza do Seminario ás 10h. – Para facer esta ruta os/as asistentes precisan dispor de vehículo.

18:00h. Conferencia.

“Fosas comunes como sitios de investigación interdisciplinar” de Alexandra Staniewska.

Domingo 17 de decembro

12:00h. Conferencia.

“Proyecto Rei Cintolo: objectivo 11.000 M. Geodiversidad, biodiversidad y patrimonio cultural de la mayor cueva de Galicia: Síntesis de las campañas topográficas 2018 – 2023” de Marcos Vaqueiro Rodríguez.