Skip to main content
Ourol

Comezan as actividades do 25N de Ourol

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

Dende o Concello de Ourol e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, preparase un amplo programa de actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Así, o xoves 23 haberá unha actividade de Maxia para todos, no edificio multiusos ás 18.30 horas. O venres 24 farase a V Andaina contra a violencia de xénero. Ás 12.30 horas polo paseo da Rega. Esta andaina ten como obxectivo amosar a repulsa contra calquer acto de violencia machista e en apoio ás vitimas desta violencia.

Así mesmo o 20 e 26 de novembro a asociación Bumei colaborará no anuncio publicitario do 25N, e instalarase un código Qr no banco pola igualdade.

O mércores 29 haberá unha charla con Berta Ojea, actriz de Rapa. Será no edificio multiusos ás 18.30 horas.