Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada recibe unha achega para a pavimentación de accesos en varios camiños municipais

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno acordou destinar 83.000 euros ao Concello de Trabada para a pavimentación de accesos en varios camiños municipais de tres parroquias: Santa María; Santiago da Ría de Abres; e Santa María Magdalena da Valboa.

Así mesmo, a institución provincial aportará 200.000 euros ao Concello de Taboada para a adquisición dun camión recolector compactador de residuos sólidos urbanos, “co obxectivo de reforzar os medios técnicos deste servizo público no municipio e ofrecer á veciñanza unha mellor atención”, expuxo Pilar García Porto.