Skip to main content
Vegadeo

A escola municipal de saúde de Vegadeo organiza varias sesións sobre saúde emocional

Por 13 Novembro, 2023Novembro 14th, 2023Sin comentarios

A escola municipal de saúde de Vegadeo organiza varias sesións durante novembro e decembro sobre saúde emocional. Estas serán os días 22 e 29 de novembro e o 13 e 20 de decembro en horario de 18.00 a 19.30 horas no centro social de maiores de Vegadeo.

Estará imparida por Laura López Iglesias, psicóloga, e será unha cita aberta a todo o público.

Para máis información ou anotarse  haberá que chamar aos teléfonos 985 634 022 ou 697 163 640 en horario de 9.30 a 13.30. Así mesmo para máis información pódese consultar nos mesmos teléfonos.