Skip to main content
O Vicedo

O alcalde do Vicedo comunicou que se remataron varias obras de mellora na contorna municipal

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, comunicou que se remataron varias obras de mellora na contorna municipal. Dentro destes traballos enmárcase a renovación da cuberta do Punto de Atención á Infancia e a mellora do alumeado e o illamento do pavillón polideportivo mediante a colocación de novas fiestras. Tamén se repararon chapas da cuberta do pavillón pois os fortes ventos das últimas semanas provocaron goteiras.

Así mesmo “substituíronse os farois solares do aparcadoiro Alegrín, no Fuciño do Porco, cun orzamento de 48.500 euros”, dixo Novo. E colocáronse cubre colectores de madeira para soster os contedores e evitar que se movan.

No relativo ao saneamento, o rexedor local informou que “xa está reparada a tubaxe no lugar de Baltar que provocou que a pasada semana houbese problemas de auga.