Skip to main content
Xove

O PSOE de Xove preguntou no Pleno sobre o polígono industrial e as súas condicións

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O grupo municipal socialista de Xove, por medio da súa concelleira Rogelia Mariña preguntou no Pleno sobre o soterramento dos contedores de lixo nos cascos urbanos de Xove e Palmeiro.

“Para mellorar o impacto ambiental, os malos cheiros e tamén para mellorar a seguridade nas rúas, xa que en algunhas delas se producen accidentes de vehículos o estar os contedores instalados nas vías”, di Mariña, “tamén aumentar os contedores na zona rural, onde hai moi poucos contedores de cartón, plásticos e vidro”.

Pero “o Goberno do PP votou en contra argumentando un aumento de custo o polo que se ve claramente a nula preocupación que este Goberno ten co medio ambiente e tamén coa seguridade”.

Así mesmo, preguntou sobre a instalación de luces de Nadal “xa que logo se achegan as datas de celebración, e cada ano vemos que só se pensa no casco urbano de Xove e Palmeiro”, sinala a voceira, ” polo que pedimos que se instalen luces tamén na zona rural”.

Este rogo “foi rexeitado polo PP por que non esta no contrato, se ve claramente as nulas ganas de traballar do Goberno local”.

Xa por último preguntou polo contido especifico do polígono industrial como son os prazos de execución, o numero de parcelas, os servizos novos e as condicións en que se van a ofertar ao tecido empresarial, e a mellora de abastecemento de auga para as empresas, así como “se o proxecto se contempla unha depuradora para que os vertidos que van ao río Guilán cumpran ca normativa medio ambiental”, sinala Mariña.

Dende o PSOE tamén engadiron que “estes días que comezou a chover, xa os veciños de Xove, volven a ter auga con lodo nas súas billas, e o Goberno segue estudando isto dende xa 16 anos”.