Skip to main content
Xove

O Concello de Xove ofrece un obradoiro de ioga

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove organiza un obradoiro de ioga que se alongará no tempo, dende outubro de 2023 ata maio de 2024. Está destinado a persoas con enfermidades crónicas e persoas coidadoras de dependentes.

A actividade para coidadores comezará o 13 de novembro, e o de crónicas o 27. Ambos serán na antiga casa Director ás 19.00 horas.

As persoas interesadas poden chamar ao 982 592 001 ou achegarse polas oficinas do Concello.