Skip to main content
Xove

Alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove axudaron na limpeza dos restos do navío encallado na praia de Lago

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

Alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove desprazáronse, xunto coas súas titoras, ata praia de Lago onde se adicaron a recoller os restos do navío encallado hai uns días na praia.

Alí recolleron os restos máis pequenos e sinxelos, os meteron en sacos e os depositaron  fóra do areal co fin de levalos ao punto limpo. Con posterioridade, varios operarios municipais e de Urbaser procederon  a retirar os restos máis grandes e soterrados da embarcación.

Dende o Concello quixeron agradecerlle a todos os alumnos e titores o traballo realizado nesta xornada medioambiental, “xornada práctica que permiteu recoller un importante cantidade de residuos e que serviu tamén como lección educativa  a todos os participantes da importancia de coidar o noso medioambiente”, sinalaron.