Skip to main content
Xove

En marcha un punto de recarga para vehículos eléctricos en Xove

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Púxose en marcha un punto de recarga para vehículos eléctricos instalado na contorna do Centro Cívico, concretamente no aparcamento lateral do salón de actos.

Para instalación deste punto de recarga abriuse por parte do Concello un concurso ao cal só se presentou a empresa Cargacoches S.L. Dentro deste concurso a empresa realizou unha serie de propostas de mellora como foron a instalación dun único poste de recarga de 100 Kv con dous conectores e que os usuarios poden recargar gratuitamente neste punto os seus vehículos eléctricos durante tres meses contados a partir do 13 de novembro.

Por parte do Concello concedeuse á empresa a concesión demanial de uso privativo de espazos de dominio público para a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos no termo municipal.

Pola súa parte, a empresa  comprométese a aboar ao Concello de Xove como canon da concesión e de acordo coa oferta presentada o 11% da facturación dos puntos de recarga.