Skip to main content
Xove

Xove acollerá unha obra de teatro dentro da programación do 25N

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove ten preparados dous actos para conmemorar o 25N, así, darán comezo o día 23 de novembro coa obra de teatro As Fillas bravas de Momán. Esta representación será no salón de actos ás 11.30 horas.

Xa o día anterior ao 25N, o 24 de novembro, iluminarase e colocarase un gran lazo pola Eliminación da Violencia contra a Muller, na fachada da casa do Concello.