Skip to main content
Xove

O BNG de Xove crea unha enquisa veciñal para a elaboración do orzamento para o ano 2024

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Xove vén de facer pública a súa intención de que a veciñanza participe de forma activa, con suxerencias, no debate da elaboración do orzamento para o ano 2024. Esta campaña bota a andar coa difusión de códigos QR por diferentes espazos do concello que levará as veciñas e veciños a un formulario online totalmente anónimo no que se recollerán as súas inquedanzas. Dende a formación nacionalista apuntan “ somos coñecedores de que á xente non lle gusta significarse públicamente e, deste xeito, a través dunha enquisa anónima, poderán dar a súa opinión de xeito máis libre”.

Participación cidadá a través dun código QR

A voceira, Pilar Vázquez, afirma que “ é unha prioridade do BNG facer da toma de decisións algo común a toda a veciñanza, independentemente de que nos votaran ou non. Moitas veces ao saír electos pérdese esa comunicación política-veciñal. Dende o BNG cremos que resulta transcedental preguntar directamente á xente en que consideran que hai que priorizar no gasto xa que lévase moito tempo obviando as principais peticións da veciñanza”.

Difusión a todas as parroquias do concello

Ademáis desta colada na capitalidade municipal, “ como non pode ser doutro xeito levarase tamén ás distintas parroquias do concello para complementar a súa difusión nas redes sociais” afirma Vázquez. Tamén comenta a voceira que “ agarda unha alta participación e acollida por parte da veciñanza, podendo este tipo de políticas ser ampiadas a outras decisións da política municipal por parte do BNG. Este grupo municipal sempre defenderá a necesidade de pór no centro das políticas, as necesidades da xente de Xove”.