Skip to main content
Xove

Volve o concurso de postais de Nadal do Concello de Xove

Por 28 Novembro, 2023Novembro 29th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais.  Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. 

Segundo idade, temos cinco categorías: Educación Infantil (nenos de 3, 4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concédense tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio; ademais, unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal.

Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos  premios, iso si, ningún concursante pode gañar máis dun premio. Loxicamente, dende o Concello o que se pretende con este Concurso é potenciar  a participación e creatividade dos rapaces.

As postais deberán estar relacionadas con motivos de Nadal e realizaranse en cartolina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño de unha cuartilla (medio folio).  A técnica a empregar será libre: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, colaxe, etc.

A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 11 de decembro.