Skip to main content
Xove

Nova edición do concurso de Escaparates de Nadal de Xove

Por 29 Novembro, 2023Novembro 30th, 2023Sin comentarios

Os establecementos de Xove contan un ano máis co Concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nadal.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio. Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición co formulario nas oficinas do Concello como data límite o 9 de decembro.

A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove, presencialmente ou en liña, ata o 12 de decembro de 2023 ás 14.00 horas. No suposto de que unha empresa teña varios establecementos, poderá presentar tantas Follas de Inscrición como escaparates opten ao concurso.

Os escaparates deberán estar preparados antes das 00.00 do día 12 de decembro de 2023 e deberán enviar unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo aedl@xove.es.

Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo e haberá dous premios, un será do xurado e outro de popularidade en Facebook.