Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

Bóveda celebra a Festa na honra a San Martiño o vindeiro 11 de novembro

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 11 de novembro Bóveda celebra a súa Festa na honra a San Martiño. O programa cota con sesión vermú, xantar popular e magosto.

A cita comeza ás 12.30 horas con misa solemne e procesión. A partir das 14.00 horas dará inicio a sesión vermú a cargo do trío Blanca Doble e o xantar popular con polbo e churrasco no campo da festa.

A partir das 17.00 horas os asistentes poderán gozar da actuación do grupo de gaitas A Cadela Asasina e do grupo de cantos de taberna Son do Mao. A partir das 21.30 dará comezo o magosto e a festa a cargo do Blanca Doble e Charanga Europa. No descanso organizarase un sorteo e tamén haberá un Dj ao remate da festa.